Os Andares
Un grupo de artistas do teatro, o cine documental, a poesía e a música producimos 6 creacións de audio nalgúns dos espazos máis máxicos da Serra dos Ancares.
Unha viaxe sonora é unha película na que ti es a protagonista, paseas por entre as localizacións e a cámara son os teus ollos. Un grupo de artistas do teatro, o cine documental, a poesía e a música producimos 6 creacións de audio nalgúns dos espazos máis máxicos da Serra dos Ancares. Seis capítulos, cada un escrito por unha autora, nos que se mestura o documental e a ficción, co fin de profundizar un pouco no coñecemento desta Reserva da Biosfera, a súa cultura e os sentires dos seus habitantes. O que tes que facer para disfrutala é moi sinxelo: 1) Colle o teu móbil (ou similar) con batería suficiente 2) Leva os mellores auriculares que teñas 3) Vai ata o punto de inicio da viaxe que escollas 4) Dalle ao play no idioma que prefiras 5) Déixate guiar Ao igual que no cine ou no teatro, é moi importante que cada viaxe se faga toda seguida sen falar con ninguén. Recomendámosche levar un calzado cómodo, unha gorra para protexerte do sol e poñer o teu móbil en modo NON MOLESTAR, así seguirás tendo conexión pero non che molestarán as chamadas nin as notificacións durante o tempo do paseo. Por último, os Ancares é un espazo protexido cun valiosísimo patrimonio histórico, cultural e natural. Tanto nos desprazamentos como durante a túa estancia alí, pedímosche que respectes a calma do lugar e que coides da fauna e da flora.
Organizer
Fósforo Arte & CulturaVenue
Torés, As Nogais (start: fountain at the foot of the church)
Category
Immersive Audio & PodplaysTag
AudioStart date
August 1st, 2023
End date
November 11th, 2027
Audience Role
Walker
Ages: All ages
Content Advisories
Interaction Advisories
Mobility Advisories
Some routes, such as the mountain route to Lagoa Maior, are complex. Video and VR versions are offered for those who cannot do the journeys on site.
Tags
1
Events
1
Years on EI
About Fósforo Arte & Cultura
Fósforo é un estudo de produción cultural adicado a proxectos sociais, educativos e turísticos. Buscamos talento artístico ao servizo do benestar social.